Quen somos
Movil_Foto_Crea
Fondo Compartido
f/Encontros+Cambados

Contacto

Movil_Foto_Crea 

Co fin de profundar na linguaxe fotográfica e co teléfono móbil como ferramenta convocamos a todos os interesados residentes en Galicia para participar no proceso de selección dos proxectos que conformasen a primeira exposición MOVIL_FOTO_CREA, que se celebrará en Cambados entre os meses de Setembro e Novembro de 2013, (datas aínda por determinar).
Esta exposición organizada e comisariada por "lo más mínimo" formará parte do Outono Fotográfico de 2013, levaráse acabo no Pazo Torrado en Cambados, sendo esta unha exposición colectiva no seu concepto como "O teléfono móbil como instrumento para a creación dunha linguaxe visual", onde cada autor terá o seu espazo propio, para que este funcione como unha exposición individual.
Para participar será necesario o envío dun proxecto de temática libre, en formato dixital e en baixa resolución antes do 30 de Agosto de 2012, ao seguinte correo electrónico: lomasminimo@gmail.com , confirmarase a recepción por leste mesmo medio.

A documentación necesaria a enviar sera a seguinte:

a - Se o proxecto esta en proceso de realización ou xa realizado, débese achegar, un texto explicativo do proxecto, unha biografía do autor, e unha serie dun mínimo de 6 fotos do proxecto en baixa resolución.

b - Se o proxecto esta sen realizar, débese achegar, un texto explicativo do proxecto, unha biografía do autor, e unha serie dun mínimo de 6 fotos en baixa resolución que sexan cun mesmo linguaxe a seguir no novo proxecto.

c - Se o proxecto é un audiovisual, necesitamos a mesma documentación que nos anteriores apartados, pero facéndonos chegar un documento audiovisual como referencia.

A relación de seleccionados farase pública antes do 30 de Setembro de 2012 e comunicarase por correo electrónico.
A produción de cada proxecto, tanto no traballo como no seu formato expositivo, será a cargo do autor.
Os seleccionados comprométense a ter preparada a súa proposta (enmarcada e lista para colgar) para a montaxe da exposición para o 31 de Agosto de 2013, o cal deben comunicar por correo electrónico ese mesmo día. Unha vez recibidos os correos, comunicaráselles polo mesmo medio o día da entrega física das súas obras na seguinte enderezo:

PAZO DE TORRADO
Rua do Principe, 10
36630 Cambados
Pontevedra

A exposición inaugurarase un venres e a súa montaxe farase durante esa semana, o autor ten que facer chegar a obra ao Pazo Torrado e pode estar presente e participar na montaxe da súa obra, tamén é importante que o autor este presente o día da inauguración.
Xunto á exposición teremos o Sábado seguinte, unha xornada sobre "O teléfono móbil como instrumento para a creación dunha linguaxe visual", con dúas mesas redondas, unha con artistas invitados e outra con algúns dos autores da exposición, e dúas conferencias.
A devolución das obras participantes farase efectiva o día seguinte á finalización da exposición e debe ser recollida por cada un dos participantes ou ben delegar nalgunha persoa da súa confianza.

www.lomasminimo.com
Facebook  

Autores / Galerias de mostra

Santiago R. Gavin
Carlos Puga