Quen somos
Movil_Foto_Crea
Fondo Compartido
f/Encontros+Cambados

Contacto

Quen somos

Carlos Puga (1967)
Fotógrafo, editor, coordinador de talleres e comisario de exposicións.
Traballou en prensa diaria en Galicia desde 1989 ao 2000, finalizando esa etapa co premio "Jose Aurelio Carracedo" de xornalismo de Galicia en 2001.
Desde o 2000 ao 2008 colaborou con publicacións nacionais como: Viaxar, Deviajes, Geo, Traveler, Altair, Maxín.
Do 2001 ao 2005, colaborou coas editoriais galegas Edicións do Cumio, Edicións Xeráis de Galicia e Ir Indo.
Desde o 2004 organiza e coordina os "Talleres de Fotografía Fotoxoguete" con fotografos como: Óscar Molina, Jose Manuel Navia, Vari Caramés, Juan Pablo Moreiras, Eduardo Momeñe.
En 2006 crea a editorial de fotografía Fotoxoguete, onde se publica dúas coleccións, actualmente abertas, "Fragmentos" e "dezxquince".
De 2009 a 2011 traballa no proxecto fotográfico "O Golfo de Fonseca" que se materializa nunha exposición, audiovisual e libro.
Desde o 2009 comisaría, coordinado e participa en varias exposicións colectivas: "Polo Salnés con Ramón Cabanillas", "Uxio Novoneyra, O Courel" e "Animais"
Actualmente traballa para El País e Interviú.
En xullo de 2011, funda xunto a Xabier Fernández e Alejandro Novoa, Copias de Autor - Fine Art Inkjet, ofrecendo xestión integral de proxectos fotográficos.
En marzo de 2012, da man de Fotoxoguete, comisaría a exposición e presentación do libro dezxquince "De habitación en habitación" de Carmen Echevarría.
No 2012 funda xunto a Xaquín Rosales "lo mas minimo"

http://www.fotoxoguete.blogspot.com
http://axendafotoxoguete.blogspot.com
http://www.acasavelladafotografia.blogspot.com
http://www.facebook.com/carlos.pugagomez

Xaquin Rosales (1958,Vilagarcia de Arousa), vive e traballa en Vilagarcia de Arousa.
Fotógrafo identificado co ambiente cotián e cunha tendencia creativa orientada cara á realización de imaxes que tentan representar, desde unha perpectiva metafísica e poetica, espazos temporais apoiados na memoria.  Expón a súa obra regularmente, participando nos últimos anos en numerosas exposicións colectivas e individuais. Camiñante incansable, curioso e observador, imprime aos seus traballos unha coherencia estilística, con dose de naturalidade e de aberta visión.

Mostras individuais
2011 Anaco, Sala Municipal La Chirina-Arguineguin (Gran Canaria)
2010 Reflexion, Ambigu Tabernan-Eibar (Guipuzcoa)
2007 Periferias, El Cafe de Macondo-A Coruña
2005 Periferias, Sala Caixanova, Vilagarcia de Arousa

Mostras colectivas
2012 Do Encadre ao Cadro, Pazo Torrado, Camabados
2011 Animais, Pazo Torrado, Cambados
2010 Unha viaxe con Ramon Cabanillas, Verbum Casa das Palabras-Vigo.
2009 Polo Salnes con Ramon Cabanillas, Sala Multiusos Thalaso Spa Moaña.
2009 Carirate, Sala Rivas Briones-Vilagarcia de Arousa.
2009 Cores para Cabanillas, Centro Comarcal do Salnes-Cambados.
2009 Polo Salnes con Ramon Cabanillas, Auditorio de Vilagarcia de Aorusa
2009 Polo Salnes con Ramon Cabanillas, Centro Comarcal do Salnes-Cambados
2006 Novas Linguas, Exposalnes, Cambados  

Proxeccions
2010 Posicion Temporal, XIII Baladas del Ciclope-Sala El Cachorro de Sevilla
2008 Significa Sombra, Proxecta 08-Vilagarcia de Arousa

http://www.xaquinrosales.com